Noticias y alertas

📢 DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO 🎗️💚

04/02/2025

📢 DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO 🎗️💚



Hoxe, 4 de febreiro, únimonos á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro, unha data para poñer en valor a importancia da prevención, a detección temperá e a investigación na loita contra esta enfermidade 💪💖.



Desde o Concello de Avión, queremos enviar todo o noso apoio e forza ás persoas que están a librar esta batalla, ás súas familias e ás e aos profesionais sanitarios que traballan sen descanso para mellorar os tratamentos e a calidade de vida dos pacientes 🏥👩‍⚕️👨‍⚕️.



👉 Coidar a nosa saúde, acudir ás revisións médicas e manter hábitos de vida saudables son pasos fundamentais na prevención do cancro. A concienciación e a solidariedade fannos máis fortes como sociedade 💙🥗🚶‍♀️.



🌿 Esta noite, o edificio do Concello de Avión iluminarase de verde en sinal de esperanza e compromiso coa loita contra o cancro. Un pequeno xesto para lembrar que xuntas e xuntos podemos marcar a diferenza 💚🎗️.



#DíaMundialContraoCancro #AviónContraoCancro 💚🎗️



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies