Noticias y alertas

🥾🌳O sábado 28 de xuño será a XIV Edición da Andaina do Concello de Avión

06/06/2025

🥾🌳O sábado 28 de xuño será a XIV Edición da Andaina do Concello de Avión.

📝As incricións poderán realizarse na Piscina Municipal, Biblioteca, Concello e co Monitor Deportivo.

📍 Andaina é circular, con saída e chegada no campo da Festa de Liñares. A ruta Longa consta de 14 kms e a Curta de 5 kms. É preciso seleccionar a ruta que se realizará no momento da inscrición.

🎫O importe a pagar será de 25€ para adultos e nenos/as dende os 11 anos. De 3 a 10 anos, o importe será de 12€.

O prezo inclúe Avituallamentos, Camiseta Conmemorativa, sorteo de Agasallos e comida.



👩👨O límite de participantes será de 100 persoas.



Cómo inscribirse

As inscricións poderán realizarse na Piscina Municipal, Biblioteca, Concello e co Monitor Deportivo. Tamén está a opción de pago por transferencia, descargando o boletín de inscrición, e realizar o pago correspondente na seguinte conta Bancaria:



FUNDACIÓN AVIÓN (ABANCA) ES54 2080 0414 7530 4000 9238



No CONCEPTO ao realizar o pago Telemático deberá figurar o nome/s da persoa/as inscritas.

Posteriormente, tanto o Boletín de inscrición cuberto, como o Comprobante de Pago deberá enviarse ao seguinte enderezo de correo electrónico: cultura@concelloavion.org



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies