13/06/2025
📢𝗔𝗫𝗨𝗗𝗔𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗔𝗗𝗔𝗣𝗧𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗗𝗔 𝗩𝗜𝗩𝗘𝗡𝗗𝗔 𝗘 𝗔𝗟𝗨𝗚𝗨𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗗𝗘 𝗔𝗫𝗨𝗗𝗔𝗦 𝗧É𝗖𝗡𝗜𝗖𝗔𝗦 𝗗𝗔 𝗗𝗘𝗣𝗨𝗧𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗗𝗘 𝗢𝗨𝗥𝗘𝗡𝗦𝗘
🎯 AXUDAS 2025 PARA ADAPTACIÓN DE VIVENDAS A MAIORES DE 65 ANOS.
OBXECTIVO:
Facilitar que as persoas maiores poidan seguir vivindo na súa casa con autonomía e seguridade, adaptando o fogar ou alugando axudas técnicas.
QUEN PODE SOLICITAR?
✅ Persoas maiores de 65 anos (ou que os cumpran en 2025)
✅ Empadroadas en concellos de Ourense con menos de 20.000 habitantes
✅ Vivenda habitual en propiedade, alugueiro ou usufruto
✅ Renda anual igual ou inferior a 3 veces o IPREM.
AXUDA MÁXIMA: ATA 2.000 € POR PERSOA
Cobre:
Adaptacións no fogar (baño, ramplas, pasamáns, portas, chans, etc.)
Alugueiro de axudas técnicas (cadeiras de ducha, camas articuladas, colchóns especiais, guindastres, etc.)
👉 A subvención pode cubrir o 100 % do gasto, incluído o IVE.
📅 PRAZO DE SOLICITUDE: DO 9 DE XUÑO AO 9 DE XULLO DE 2025
📍 Onde presentar?
Na sede electrónica da Deputación: www.depourense.gal
📂 DOCUMENTACIÓN NECESARIA
-DNI, padrón, certificado de renda (ou autorización de consulta)
-Orzamento ou factura da obra ou do alugueiro
-Acreditación da titularidade ou alugueiro da vivenda
-Declaración responsable (incluída no formulario).
ℹ️ MÁIS INFORMACIÓN:
📞 988 317 600 / 988 317 864
🕘 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies