25/08/2025
COMUNICADO OFICIAL
🔥O Concello de Avión informa á poboación que o incendio declarado na parroquia de Nieva atópase actualmente perimetrado, segundo a valoración dos técnicos que traballan na zona.
Os servizos de extinción, cos medios aéreos 🚁 e terrestres 🚒 despregados, prevén o seu control e estabilización nas vindeiras horas ⏳.
Lémbrase aos veciños a importancia de extremar a precaución debido á presenza de fume na zona, evitando desprazamentos innecesarios 🚫🚗 e seguindo sempre as indicacións das autoridades.
O Concello quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade a tódolos seus veciños e veciñas, agradecendo a colaboración cidadá 🤝 e o esforzo dos equipos de emerxencias, brigadas forestais, persoal técnico e voluntariado, e en especial ao GES Avión e ao Policía Local 👏.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies