Noticias e alertas

🎭✨ Campamento de Entroido para conciliar e aprender xuntas e xuntos!

12/02/2026

🎭✨ Campamento de Entroido para conciliar e aprender xuntas e xuntos! ✨🎭





🎭✨ Campamento de Entroido para conciliar e aprender xuntas e xuntos! ✨🎭



🤡Este Entroido viviremos uns días cheos de cor, ilusión e moita diversión no noso campamento de conciliación familiar. Un espazo pensado para facilitar a organización das familias 🧑‍🧑‍🧒nestas datas, pero tamén para que as nenas e nenos aprendan e desfruten das nosas tradicións máis propias.

🎉Ao longo destes días mergullámonos na historia e costumes do Entroido🎠, coñecendo as máscaras 🎭 tradicionais, elaborando os nosos propios disfraces, preparando decoración típica e compartindo xogos e obradoiros creativos. Non faltarán as risas, a 🎶música nin, por suposto, o espírito festeiro que caracteriza estas datas!

👦👧Para nós é unha satisfacción poder ofrecer actividades que non só axudan á conciliación, senón que tamén transmiten cultura e identidade ás novas xeracións.

🌟Grazas a todas as familias pola confianza e ás crianzas por encher cada día de alegría! 💛



Accede no seguinte enlace:



https://forms.gle/sEyM3wRcc5736RvN6



#Entroido #ConciliaciónFamiliar #concelloavion #Tradicións #AprendendoXuntas #CampamentoEntroido

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies