27/06/2026
🎉🚶♀️ XV Edición da Andaina do Concello de Avión 🚶♂️🌿
Un ano máis tivemos o pracer de compartir unha magnífica xornada na nosa tradicional Andaina do Concello de Avión. 💚 Foi un día de convivencia, deporte e lecer, no que puidemos desfrutar da beleza das nosas paisaxes 🌄, descubrir o noso rico patrimonio cultural 🏛️ e, sobre todo, compartir bos momentos entre veciños, veciñas e visitantes.
👏 Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas que participaron e fixeron posible que esta XV edición fose, unha vez máis, un éxito.
🤝 Grazas tamén ao monitor deportivo, ao GES, ao vixiante municipal, a Protección Civil, á Brigada Municipal e a todas as persoas que colaboraron na organización e no desenvolvemento da actividade, garantindo que todo transcorrese con seguridade e normalidade.
❤️Non nos podemos esquecer dos irmáns Hermida Castro pola cesión das súas mesas para a realización da comida. Todo o noso agradecemento para eles.
🎁 Un agradecemento especial ás empresas colaboradoras, tanto de Avión como de fóra do noso termo municipal, pola súa xenerosidade ao facilitar os agasallos sorteados entre os participantes.
💙 Sen a implicación de todos e todas, iniciativas coma esta non serían posibles.
¡Grazas pola vosa participación e vémonos na próxima edición! 🌿🥾😊










Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies