01/08/2026
🇲🇽🌵 Avión xa quenta motores para unha das citas máis especiais do verán.
O vindeiro venres 7 de agosto celebraremos a XX Festa Mexicana de Avión, unha xornada que rende homenaxe aos nosos emigrantes e aos fortes vínculos que unen Avión con México.
Será unha tarde e noite cheas de ambiente, con mariachis en directo, gastronomía mexicana, actividades gratuítas para os máis pequenos e moitas sorpresas nunha celebración pensada para desfrutar en familia e con amigos.
Quero convidarvos a todos a reservar esta data e a acompañarnos na Praza da Igrexa para vivir unha festa única, que xa forma parte da identidade do noso concello.
🇲🇽 Quero expresar tamén o meu máis sincero agradecemento ao cónsul honorario de México en Galicia, Alfonso Pereira, polo seu apoio e implicación nesta celebración, así como a todos os restaurantes colaboradores, que contribúen a facer posible unha festa que reforza os históricos lazos de amizade entre Avión e México.
Agardámosvos o 7 de agosto para compartir unha xornada inesquecible. ¡Viva México! ¡Viva Avión! 🇲🇽❤️


Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies