15/10/2026
📚✨ PLAN PROVINCIAL DE LECTURA 2026
📖 O Concello de Avión súmase ao Plan Provincial de Lectura 2026, impulsado pola Deputación de Ourense, unha iniciativa para fomentar o hábito lector entre a mocidade e apoiar o comercio de proximidade. 💚
💶 AXUDAS DE ATA 20 € PARA MERCAR LIBROS!
👧👦 Quen pode beneficiarse?
As persoas nacidas no ano 2008 ou posteriores e empadroadas no Concello de Avión
✅ Se o libro custa 20 € ou menos, será totalmente gratuíto.
✅ Se supera os 20 €, só terás que pagar a diferenza.
✅ A axuda é para un único libro por persoa beneficiaria.
📅 PRAZO DE SOLICITUDE
Do 15 de outubro ao 18 de decembro de 2026, ou ata esgotar os fondos dispoñibles.
💻 COMO SOLICITALA?
Accede a 👉 plandelectura.depourense.gal, cobre a solicitude e recibe o teu código de autorización por correo electrónico ou SMS. Despois, só terás que acudir a unha libraría adherida e escoller o teu libro favorito.
📌 Non se inclúen libros de texto nin material escolar.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies