Noticias e alertas

INICIO DOS TRABALLOS ARQUEOLÓXICOS NO CASTRO DE SAN VICENZO DE AVIÓNO Concello...

23/10/2026

INICIO DOS TRABALLOS ARQUEOLÓXICOS NO CASTRO DE SAN VICENZO DE AVIÓN



O Concello de Avión inicia unha nova fase de actuacións no Castro de San Vicenzo, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, destinado á realización de traballos arqueolóxicos e á mellora da accesibilidade universal deste xacemento.



Esta intervención, promovida dende o Concello de Avión da continuidade aos traballos desenvolvidos nos últimos anos, nos que colaboraron o Concello, a Asociación Cultural Vive Avión e a CMVMC de San Xusto, coa finalidade común de investigar, conservar e poñer en valor este importante elemento do patrimonio histórico e cultural do municipio.



As actuacións previstas para 2026 inclúen a continuación das escavacións arqueolóxicas, os traballos de conservación e acondicionamento das estruturas identificadas e a elaboración dun estudo sobre a accesibilidade universal do xacemento.



O convenio contempla unha achega da Xunta de Galicia de ata 40.000 euros, que financiará o 100 % das actuacións previstas.



O Concello de Avión continúa así coa súa colaboración coas administracións e entidades implicadas na protección e divulgación do patrimonio cultural do noso municipio, favorecendo o coñecemento da historia local e a conservación deste legado para as futuras xeracións.



#ConcelloDeAvión #CastroDeSanVicenzo #ViveAvión #CMVMCSanXusto #XuntaDeGalicia







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies