🏗️🚧 COMEZAN AS OBRAS DE MELLORA DO CAMIÑO DA IGREXA EN COUSO!
✅ O Concello de Avión vén de iniciar os traballos de acondicionamento do Camiño da Igrexa, no núcleo rural de Couso, unha actuación destinada a mellorar as infraestruturas e as condicións de acceso nesta localidade.
🏡 Esta intervención enmárcase no noso compromiso de seguir mellorando os camiños e espazos públicos das distintas parroquias do municipio, contribuíndo á seguridade, á accesibilidade e á calidade de vida da veciñanza.
🤝 Seguimos apostando pola mellora das infraestruturas do noso rural, atendendo as necesidades dos nosos pobos e traballando por un Avión con futuro.
💚 Seguimos traballando por Avión e por todos os seus núcleos de poboación!
Antonio Montero
Alcalde de Avión
#Avión #Couso #Obras #MellorasMunicipais #CompromisoCoRural #SeguimosTraballando