Noticias y alertas

A axuda pode cubrir ata o 100% do gasto, cun máximo de 2.500 € por persoa solicitante

15/05/2026

A axuda pode cubrir ata o 100% do gasto, cun máximo de 2.500 € por persoa solicitante.



Poden solicitala persoas maiores de 65 anos, ou que os cumpran ao longo do ano 2026, empadroadas nun municipio da provincia de Ourense de menos de 20.000 habitantes. A vivenda deberá ser a súa residencia habitual e estar en réxime de propiedade, usufruto ou alugueiro. Ademais, deberán cumprir o requisito económico de ter unha renda anual igual ou inferior a 3 veces o IPREM.



Entre as actuacións subvencionables inclúense, entre outras:

— Cambio de bañeira por prato de ducha 🚿

— Adaptación de baños, grifos, WC ou lavabo

— Eliminación de chanzos e melloras de accesibilidade interior

— Melloras de habitabilidade (humidades, pavimentos ou instalacións de auga, luz, gas, calefacción e saneamento)

— Compra de axudas técnicas como camas articuladas, colchóns antiescaras, cadeiras ou asentos de ducha, grúas, arneses, butacas articuladas e elementos similares 🛏️



Importante: o prazo abre o día 18 de maio ás 10:00 horas. As solicitudes tramitaranse por orde de entrada, sempre que a documentación estea completa e correcta, ata esgotar os fondos dispoñibles. Por iso, recoméndase preparar toda a documentación con antelación.



As persoas interesadas en recibir axuda do Concello para a tramitación deberán achegar, antes do día 18, a seguinte documentación:

— DNI da persoa solicitante (se non autoriza a consulta)

— Certificado de empadroamento (se non autoriza a consulta)

— Certificado da renda 2025 (se non autoriza a consulta)

— Orzamento da empresa a nome da persoa solicitante, cunha descrición detallada da actuación

— Documento acreditativo da propiedade, usufruto ou alugueiro da vivenda (escritura, certificado catastral, contrato de alugueiro ou equivalente; o recibo do IBI por si só non é suficiente)

— No caso de axudas técnicas, orzamento do material que se pretende adquirir



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies