Que é un xestor de residuos?
A persoa ou entidade, pública ou privada, rexistrada mediante autorización ou comunicación que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o produtor dos mesmos (segundo a Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular)
Por que debo contratar un xestor de residuos?
A Lei Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular define que o produtor ou outro posuidor inicial de residuos, con obxecto de asegurar o tratamento adecuado dos seus residuos, está obrigado a:
a) Realizar o tratamento dos residuos por el mesmo.
b) Encargar o tratamento dos seus residuos a un negociante, ou a unha entidade ou empresa, todos eles rexistrados conforme ao establecido esta Lei.
c) Entregar os residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos, incluídas as entidades de economía social, para o seu tratamento.
Como podo saber se os meus residuos son considerados como perigosos?
Considéranse residuos perigosos aqueles que figuren na lista europea de residuos, publicada na Lei 7/2022, de 8 de abril, así como os recipientes e envases que os contiveran.
Residuos voluminosos
A veciñanza que teña residuos deste tipo (mobles, colchóns, sofás, lámpadas e aparellos electrónicos ou electrodomésticos) só terán que seguir estes pasos:
1.- Chamar ao Concello de Avión (988 48 60 00) indicando os seus datos, o seu enderezo e o tipo e cantidade de residuos que teñen para recoller.
2.- O Concello xestionará coa Deputación periódicamente estas solicitudes.
3.- Dende a Deputación contactarán cos veciños para indicarlles a data na que o Punto Limpo Móbil pasará preto das súas casas, de xeito que poidan deixar os seus residuos voluminosos ao carón do punto de contenerización de proximidade máis cercano.
Colectores de aceite vexetal usado
En diversos puntos ddo concello hai colectores específicos de recollida de aceite vexetal usado. Para depositar o aceite, deberá recollerse nunha botella de plástica que se botará ben pechada ao colector.
Por aceite doméstico usado entendemos aceite de cociña, nunca aceite de motor. O aceite de motor debe depositarse nun punto limpo para que sexa tratado de maneira adecuada.
Situación colectores:
1.- Estrada de O Sifón nº15 No exterior do Centro Integral de Servizos Sociais Alvetus
2.- Avenida Francisco Gil Zamora nº10
3.- Centro de Abelenda junto a Plaza
Colectores Pilas
1.- Praza do Concello nº1, No edificio do Concello de Avión
2.- Centro de Salud de Avión
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies